O vindeiro 31 de maio, ás 9:00h no Centro Demostrador TIC sito na Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo en Santiago de Compostela, celebrarase a Xornada de Boas Prácticas “Oportunidades e Estratexias para Crecer coas TIC” dirixida aos empresarios e autónomos que buscan mellorar a súa competitividade e productividade a través das TIC.
Ao acto asistirán Dna. María Fernández Rancaño, Directora de Programas de red.es, Dna. Yolanda García Ulla, Directora do Área de Sociedade Dixital da AMTEGA e D. Alfonso Blasco García, Director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, entidades, todas responsables da posta en marcha do Centro Demostrador TIC.
A Xornada comenzará ás 9:00h cunha visita guiada polas instalación do CDTIC, trala mesma darase paso á apertura institucional no Salón de Actos e como última parte tres empresas galegas compartirán as súas experiencias e os beneficios obtidos trala incorporación das novas tecnoloxías no seu negocio .
Prégase confirmación de asistencia a través do enderezo cdtic@xunta.es ou no seguinte número de teléfono 881.999.119, así mesmo pode inscribirse On Line a través do formulario destinado a tal efecto na web do CDTIC : http://cdtic.xunta.es/node/384.
Avda. Romero Donallo nº36 - Portal 2 - Entreplanta C (15706) - Santiago de Compostela - Tel.: 981552385 / Fax: 981554125
info@uptagalicia.org