Novas Sobre nós Empresas Servizos Asóciate Galería
Español - Galego

Novas destacadas

Medra o número de autónomos en Galicia por primeira vez desde xaneiro de 2008

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.
Os datos da afiliación á Seguridade Social no mes de xuño, feitos públicos polo Ministerio de Traballo e Inmigración, amosan que, por primeira vez desde xaneiro de 2008, aumenta o número de galegos e galegas inscritos no Réxime Especial de Traballo Autónomo. Se no pasado mes de maio a cifra era de 223.380 autónomos en Galicia, durante o mes de xuño esta cifra incrementouse en 210 persoas, 223.590 (cifras referentes á media mensual de afiliación ao RETA).
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos valora positivamente estas cifras, que indican que por fin se materializa en Galicia unha tendencia que no Estado se vén observando desde hai catro meses. Desde o pasado 1 de marzo, no conxunto do Estado hai 11.859 autónomos máis, se ben é certo que nos últimos dous anos se destruíron 263.872 empregos autónomos.
Para UPTA Galicia, o crecemento das afiliacións ao RETA constata que a promoción do emprego autónomo debe de ser un dos puntos fortes das políticas laborais das diferentes administracións pola súa eficacia na loita contra as altas taxas de paro. Ademais, as cifras amosan que Galicia si é unha Comunidade emprendedora e que, a pesar de que a incerteza sobre a situación económica continúa sendo unha realidade, os galegos e as galegas arriscan e optan polo autoemprego.
Desde que comezara a crise, UPTA Galicia mantivo a súa confianza en que serían os traballadores autónomos os que reactivarían a economía xa que son o verdadeiro motor da actividade económica en Galicia. É destacable que preto do 25% da poboación activa da Comunidade sexan traballadores autónomos.
Lisardo Domínguez, secretario xeral de UPTA Galicia, reivindica “que ningún dato positivo nos faga esquecer ás preto de 15.000 persoas que perderon o seu posto de traballo e, en moitos casos, o seu modo de vida”. UPTA Galicia confía en que “xa se tocara fondo” e en que a tendencia positiva continúe nos próximos meses.
Plataforma para a rehabilitación da vivenda
Segundo explica Lisardo Domínguez, “a organización está poñendo en marcha accións que repercutirán no beneficio de importantes colectivos de autónomos” , como é a Plataforma Social para a rehabilitación da vivenda. UPTA é a única organización de traballadores autónomos presente nesta plataforma, que servirá para poñer en marcha novos proxectos de calidade no sector da construción e crear rexistros de profesionais que poidan acometelos.
Lisardo Domínguez quere destacar especialmente o esforzo de moitas persoas inmigrantes que forman parte destas cifras do réxime de traballadores autónomos. Neste sentido, UPTA Galicia, ven colaborando co Ministerio de Traballo e Inmigración desde o ano 2007 para a regularización dos traballadores inmigrantes por conta propia. Desde a organización, emítense informes de validación para acreditar o cumprimento dos requisitos legais establecidos para que poidan exercer a súa actividade e aténdense as consultas sobre a obtención do permiso de traballo


volver | imprimir

Enquisa

ESTATUTO DEL TRABAJADOR AUTONOMO
Crees que es necesria una modificación de la ley actual
Consideras que todo se debe quedar igual

Avda. Romero Donallo nº36 - Portal 2 - Entreplanta C (15706) - Santiago de Compostela - Tel.: 981552385 / Fax: 981554125
info@uptagalicia.org