Novas Sobre nós Empresas Servizos Asóciate Galería
Español - Galego

Novas destacadas

Os alumnos do Plan de Formación 2008 - 2009 recollen os seus diplomas en Vilagarcía e en Xinzo

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2010.
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia fixo entrega dos diplomas acreditativos correspondentes ao Plan de Formación do exercicio 2008 - 2009 en dous actos celebrados o mércores en Vilagarcía de Arousa e o xoves en Xinzo de Limia. En total, estaban convocadas arredor de 250 persoas que o pasado ano asistiron ás accións formativas de UPTA Galicia.

No caso de Vilagarcía de Arousa, Ana María Díaz López, directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, entregou os diplomas ao alumnado dos cursos de Cata de Viños e Prevención de Riscos Laborais celebrados na localidade arousá. No que se refire ao acto de Xinzo, participaron no evento os asistentes aos cursos sobre cata de viños, prevención de riscos laborais, carné de conducir C e diferentes aplicacións informáticas impartidos tanto na vila da Limia como en Ourense.

As accións de formación de UPTA Galicia están organizadas en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar. Esta cooperación entre as dúas entidades permite que anualmente se realicen accións de formación que melloren as capacidades dos autónomos como traballadores e xestores dos seus negocios. Os cursos complementan os coñecementos e melloran as capacidades dos autónomos para o traballo e a xestión dos seus negocios. De feito, os programas axústanse ás demandas dos propios autónomos sobre as materias nas que precisan ampliar as súa cualificación.


volver | imprimir

Enquisa

ESTATUTO DEL TRABAJADOR AUTONOMO
Crees que es necesria una modificación de la ley actual
Consideras que todo se debe quedar igual

Avda. Romero Donallo nº36 - Portal 2 - Entreplanta C (15706) - Santiago de Compostela - Tel.: 981552385 / Fax: 981554125
info@uptagalicia.org