O vinderio 19 de maio e dentro do programa de actividades do Día do Emprendedor que se celebrará dende as 09:00 no Palacio de Congreso en Santiago de Compostela, Upta Galicia organiza unha xornada dirixida á figura do autónomo económicamente dependente, coñecido como Trade, dentro dos actos de divulgación que está a levar a cabo a Asociación trala publicación do RD 197/2009 que regula o contrato polo que se rixe a relación de prestación de servizos entre traballador autónomo e o seu cliente.
Asimesmo, nesta xornada profundizárase sobre os chamados “Acordos de interés profesional” e a súa necesidade, así como tamén se tratará a polémica derivada das inspeccións efectuadas pola AEAT ós autónomos do sector do transporte e as consecuencias do cambio de tributación, explícarase como queda o panorama actual fiscal tralas negociacións efectuadas por Upta co Ministerio.
Nesta xornada, que comezará as 12.00 horas, interverdrá a Directora do Departamento Xuríco de Upta Galicia, dona Mª Xesús González Paradela.
Asimesmo ás 13.15 o Secretario Xeral de Upta Galicia, D. Lisardo Domínguez Rodríguez, intervendrá nunha mesa redonda que versará sobre o autónomo e as suas organizacións representativas, na que expoñerá profundamente a problemática que está a vivir o colectivo derivada da actual situación económica, e as medidas que dende a Asociación se están a tomar para minora-los efectos desta crise.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009
Avda. Romero Donallo nº36 - Portal 2 - Entreplanta C (15706) - Santiago de Compostela - Tel.: 981552385 / Fax: 981554125
info@uptagalicia.org