O día 24 de maio, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura do Concello de Moraña, tivo lugar a presentación do Proxecto de Lei do Estatuto do Traballo Autónomo. UPTA-GALICIA continúa así coa campaña de divulgación que está levando a cabo por toda a xeografía galega, para dar a coñecer as principias novidades que ofrece este Estatuto ós traballadores/as autónomos/as.
Don Eduardo Abad, Secretario Xeral de UPTA-Galicia, foi o encargado de explicar a tódolos presentes os puntos máis relevantes desta norma, así como as enmendas transacionais incorporadas a este texto.
A continuación, D. Ramón Díaz Carnero, Xefe do Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Pontevedra expuxo as axudas que esta Consellería ofrece ós autónomos/as i emprendedores.
O evento tivo unha gran repercusión nos autónomos/as da zona, xa que foron máis de sesenta os asistentes interesados en coñecer como lles afectará esta norma.
Para rematar Eduardo Abad quixo manifestar o seu agradecemento a tódolos grupos parlamentarios polo consenso acadado o pasado día 10 de maio, data na que foi aprobado por unanimidade o Proxecto de Lei do Estatuto do Traballo Autónomo no Pleno do Congreso dos Diputados.
Avda. Romero Donallo nº36 - Portal 2 - Entreplanta C (15706) - Santiago de Compostela - Tel.: 981552385 / Fax: 981554125
info@uptagalicia.org